En Ciencias Naturais continuamos aprendendo novas cousas sobre as plantas. Na última clase tocounos abordar o tema das partes das plantas, e para descubrir cales son, xogamos a facer un puzzle que ao resolvelo nos decía o que queriamos saber. 
Utilizar as novas tecnoloxías para aprender contidos novos é unha das mellores formas de motivar aos nenos e de que ese aprendizaxe quede incorporado adecuadamente, xa que todo o que fan con ilusión e con ganas é máis doado de lembrar. 
Traballaron moito e despois entre todos discutimos que función ten cada parte e se aparecen en todas as plantas ou solo en algunhas. 
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que concentrados traballan os nenos e nenas de primeiro. 
|  | 
| Fai clic na imaxe para ver máis. | 
 
