O noso proxecto comeza a coller ritmo e durante a semana pasada e máis esta traballamos arreo na primeira tarefa proposta.
Despois da motivación do primeiro día e de descubrir que se pode ver a nosa casa por internet, estivemos visionando na clase os vídeos que gravamos durante o Nadal e comparando as diferencias entre vivir na cidade e no campo. A verdade é que somos moi observadores porque nos decatamos de moitas diferencias e tamén de moitas similitudes que reflexionamos no novo porfolio.
Pero non todo se iba a quedar aí, porque despois desta actividade aprendemos a traballar coa aplicación Google Maps. Aínda nos queda moito que aprender, pero de momento xa sabemos buscar a distancia que hai entre a nosa casa e o colexio.
Isto serviunos para comparar de novo e aprender que as distancias máis curtiñas se miden en centímentros, as intermedias en metros e as máis longas en kilómetros, polo que as mates tamén estiveron presentes en clase.
Por último trallamos as diferencias entre o entorno rural e o urbano cun xogo de diferencias na tableta, que ao principio parecía moi doado pero que despois resultou que non o era tanto... e tras xogar fixemos, traballando en equipo, unha lista das características de cada medio.
Desde logo, agora xa podemos falar con moita máis claridade do lugar onde vivimos e ademais comparalo con outros entornos cercanos.
Bo traballo rapaces! A próxima semana seguiremos con máis cousas novas!
Fai clic na imaxen para ver máis. |