xoves, 18 de xaneiro de 2018

E ti, de quen vés sendo?

E despois de moitos días de nervios e expectación, por fin chegou o momento de comezar un novo proxecto. 

Hoxe todos eran veteranos e nada máis chegar ao cole e ver que había algo especial comezaron a sospeitar que algo raro estaba pasando...

E así era... todo o noso ambiente habitual vestiuse para a ocasión, e coas súas mellores galas intentou mostrarnos un pouquiño de todo o que traballaremos nas próximas semanas. 

Esperando para entrar no colexio pola mañá. 
Entre risas e nervios tanto os nenos de primeiro coma os de segundo exploraron os corredores, miraron dentro de cada caixa, debaixo de cada animal, de cada edificio, asombráronse cos detalles, escoitaron atentos...


Despois dun rato de exploración e xa tranquilos na clase tocou o momento de coller o sobre buscador que o día anterior levaran a casa; nel cada neno tiña que escribir a súa dirección e despois na clase as buscamos, ensinándolle a todos os compañeiros onde vivimos e analizando as diferencias que hai entre os tipos de vivendas, o ambiente rural e urbano...

Tamén tivemos tempo para reflexionar sobre o que acababamos de observar e o que pensabamos que imos a traballar coa axuda do noso porfolio, que xa está connosco para acompañarnos durante este novo proxecto. 

Porfolio do proxecto. 

Por último, tocounos vivenciar e experimentar de novo, esta vez viaxando a diferentes lugares do mundo para observar as diferencias entre as paisaxes rurais e as urbanas. 

Preparados coas nosas tabletas dispuxémonos a ler unha serie de códigos QR que nos levaron directamente á Praza do Obradoiro, a Times Square, aos Alpes Suízos...

Lendo códigos QR. 

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, ou eso din, deixámosvos algunhas fotos de todo o que vivimos hoxe. Esperamos que poidades sentir unha pouquiña da emoción que sentimos nós esta mañá, e isto é solo o principio..

https://photos.app.goo.gl/eXFo4D7Kty07QGhm1
Fai clic na imaxe para ver máis.