Cantas veces temos escoitado “non me contes contos”, pois nesta clase esta frase non ten cabida. Aquí vimos a contalos, pero como bos profesionais, enriba dun escenario. E como dirían os expertos neste campo: as nenas e nenos de primeiro fixeron unha “contada”.