venres, 7 de maio de 2021

VISITA ESPECIAL

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir na nosa clase a Cecilia Pereira Marimón, Comisaria do Xacobeo 2021 e a súa compañeira Luisa Redondo, que quixeron coñecer de primeira man o proxecto que realizamos no segundo trimestre Campus Stellae. 

Entre moitos nervios e ganas de compartir o noso traballo, pouco a pouco explicámoslles todo o que fixemos ao longo dos tres meses que durou e tamén aproveitamos para preguntarlles polo seu traballo e moitas curiosidades sobre o Camiño de Santiago. 

Con elas pasamos un ratiño agradable e estamos moi agradecidos polo tempo que nos dedicaron e o cariño co que nos trataron. Esperamos velas moi pronto e desexámoslle BO CAMIÑO!