Esta semana comenzamos a segunda tarefa do noso proxecto, que trata sobre o magnetismo.
Despois de realizar unha pequena rutina de pensamento, na que analizamos os nosos coñecementos previos sobre os imáns, estivemos xogando con eles, xa que é a mellor forma de descubrir como se atraen e repelen entre eles.
Finalmente realizamos un experimento no que nun bol de auga puxemos varios imáns e comprobamos como se repelían entre eles, todos á mesma distancia.
Coma sempre, tratamos de aprender experimentando e probando, e pasámolo xenial!