A historia do noso amigo Draco continúa semana a semana. Nesta ocasión, unha pequena ra ensinoulle como relaxarse e respirar profundo cando se enfadase moito.
Así que nós tras escoitar a historia probamos a pechar os ollos e respirar despaciño para practicar por se algún nos fai falta utilizar a técnica da ra.
Finalmente, fixemos unha pequena sesión de relaxación na que ademais de concentrarnos na nosa respiración, viaxamos a un lugar que cada un elexiu e practicamos como desconectar e sentirnos un pouquiño máis tranquilos.