A metodoloxía que desenvolvemos susténtase sobre varios pilares fundamentais, e un deles é o da aprendizaxe cooperativa.
A través do traballo en pequenos
grupos os alumnos traballan xuntos e maximizan a súa propia aprendizaxe e a dos
outros. Ademais, a través do traballo en grupo
conseguen adoptar uns obxectivos comúns e obter resultados beneficiosos para
todos.
Co inicio do mes de outubro empezamos a sentarnos en grupo e a incorporar esta metodoloxía cooperativa progresivamente.