martes, 25 de outubro de 2016

Recibimos a visita de Begoña

Esta tarde recibimos a visita de Begoña, a nai do noso compañeiro Nicolás.
Ela é médico e estivo axudándonos a coñecer mellor o noso corpo, acompañada polo seu axudante Evaristo que veredes nas fotos.
Repasamos con ela os ósos do corpo, explicounos como funcionan os músculos, experimentamos cos sentidos, aprendemos o funcionamento dalgúns órganos, vimos radiografías, ecografías, ensinounos a limpar unha ferida, escoitamos o corazón dos compañeiros...
APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS! 
Nótase que queremos ser expertos moi pronto porque estivemos moi atentos e aproveitamos para contarlle a Begoña moitas cousas e para preguntarlle aquelas que aínda non sabíamos. 
MOITAS GRACIAS POR ACOMPAÑARNOS BEGOÑA! VOLVE CANDO QUEIRAS!