Cantas veces nos enfadamos e con un pouquiño de aire e tempo xa se nos pasa e podemos falar con tranquilidade do que nos molestou ou fixo sentir mal!
É por iso que os profesores de Casa do Neno pensamos que ter un recuncho no que relaxarnos e poder tranquilizarnos era unha boa idea.
Aos nenos pareceulles tamén ben e agora cada vez que necesiten un ratiño de desconexión xa saben a onde deben acudir.
Invitámosvos a usalo sempre que o necesitedes a vós tamén!