xoves, 20 de outubro de 2016

As radiografías

Hoxe na clase traballamos coas radiografías. Despois de estudiar os ósos que ten o corpo por fin puidemos velos por dentro.
Que emoción! Recoñecémolos todos ao instante! As costelas, o nocello, a tibia, o peroné, a mandíbula! 
Nos días seguintes veremos máis e seguiremos xogando a adiviñar que partes do corpo son!