Cada día que pasa aprendemos unha función nova da aplicación Samsung School; dentro dela están a maior parte dos contidos que os profesores queremos que os nenos traballen.
Abrimos a aplicación, poñemos o contrasinal, conectámonos á clase, usamos as ferramentas de escritura, facemos o traballo, enviamos o resultado ao profesor....
Un montón de cousas que pouco a pouco estamos a aprender.
Fai pouco tempo aprendiamos a abrir a tablet e agora xa case sabemos manexar esta nova aplicación... dentro de pouco seremos expertos!
E como nos gusta traballar na tablet! Motivación 100 % cando os profesores dicimos que hai que encender a tableta...
"Cambia antes de que teñas que facelo"
Jack Welch
Fotos de hoxe na clase de Matemáticas.