A semana pasada na clase de música construimos as nosas propias maracas.
O que fixemos foi enchelas de diferentes materiais e escoitar os diferentes timbres que producían para ver se se parecían, se eran moi diferentes, cales eran máis similares....
Despois de tocar un rato por grupos fixemos unha tormenta entre todos utilizando os nosos instrumentos.
Deixámosvos un vídeo para que vexades canto traballamos e experimentamos!