xoves, 19 de abril de 2018

Eureka!

Onte comenzamos unha nova aventura da man da intriga, a emoción, a experimentación, a exploración e a motivación. Onte comenzamos un novo proxecto. 

Poidemos tocar moitos obxectos, probalos, investigar con eles e preguntarnos que era todo aquelo... e despois recibimos a visita da nosa amiga Doña Alegría, que como sempre co seu humor e enerxía nos explicou que era eso de ser inventor.

Deste xeito descubrimos de que tratará o noso novo proxecto e comenzamos esta aventura que non fixo máis que empezar.

Deixámosvos algunhas fotos e  nuns días un vídeo de todo o que vivimos onte.

E de momento quedámonos coa bonita mensaxe que Doña Alegría nos deu... 

"Non deixedes nunca de cumplir os vosos soños"

Fai clic na imaxe para ver máis.