Co noso proxecto xa iniciado, hoxe tocounos facer un pouquiño de metacognición na clase...
Que é iso da metacognición? De forma resumida poderiamos decir que realizar unha metacoginición é reflexionar sobre o traballo que fixemos ou sobre o que imos a facer. Trátase de analizar os pasos que demos e pensar sobre os que queremos dar.
Parece unha cousa sinxela, porque a diario realizar metacognición no noso quefacer, moitas veces sen darnos nin conta, pero para os máis peques, é unha custión que temos que entrenar un pouco e que cada día nos sae mellor...
Deste xeito, no noso porfolio pensamos sobre de catro preguntas:
- Que sabes?
- Que queres aprender?
- Que esperas do proxecto?
- Como te sentes?
Así que cada un escribiu no seu porfolio a resposta a estas preguntas. Ao final, compartimos con todos as respostas e fixemos unha chuvia de ideas de todas as ideas da clase.