O martes pola tarde fixemos moitas cousas divertidas no cole.
Comezamos traballando a educación auditiva na clase de música, diferenciando sons longos de sons curtos, e tamén sons fortes de sons débiles.
Despois aprendemos un baile para facer en parellas e que pronto vos ensinaremos a todos, e despois tocamos os instrumentos. En equipo tivemos que crear un ritmo usando negras e blancas, e despois facelo diante de toda a clase, dando a entrada e marcando o pulso.
Bailamos en parellas. |
Creamos ritmos traballando en equipo. |
Rematamos a tarde xogando ao "Escondite inglés" e ao "Pasimisí".
Aprendemos novos xogos. |
Vir ao cole é moi divertido!