Esta semana comenzamos a traballar sobre algúns dos inventores máis importantes da historia da humanidade, así como aquelas cousas que inventaron.
En parellas tocounos investigar sobre un inventor e despois contarlle ao resto da clase o que aprenderamos.
Traballamos por parellas. |
Despois de todo este traballo plasmámolo nun mural grande para que sempre estea presente na nosa clase, e por suposto reflexionamos sobre o aprendido no porfolio.
Deixámosvos algunhas fotos sobre o traballo dentro do proxecto esta semana.
Fai clic na imaxe para ver máis. |