Hola familias!
Xa puxemos o noso broche a este proxecto que nos levou a coñecer as plantas, desde como nacen, crecen, reprodúcense, que usos podémoslles dar e como non axudan a ter unha vida máis saudable.
Para elaborar o noso produto final e recoller todo este coñecemento, decidimos elaborar unha exposición para os que foron os nosos padriños este curso, é dicir, a clase dos nosos compañeiros de 5º.
Para iso saímos por equipos, ataviados coas nosas tablets, e fotografamos as plantas que máis nos chamaron a atención do noso "camiño das fadas".
Despois, en clase decidimos con que fotos quedariamos e editámolas para realizar unha clasificación das plantas que fotografamos.
Por último, proxectamos o noso traballo e expuxemos diante da clase de 5º o que aprendemos estas semanas.
Moitas grazas a todos pola vosa atención e desexámosvos un feliz verán cheo de ilusión e descanso.
Ata a volta.