Ola familias,
hoxe mostrámosvos unha das rutinas que introducimos neste terceiro proxecto.
Trátase da rutina Causa-efecto. A partir dunha serie de causas relacionadas co traballo que estamos a desenvolver, os alumnos deben pensar cal será o seu efecto e que consecuencias terá. Iso plasmarano mediante un debuxo na casa correspondente.
Un saúdo.