Hoxe estivemos reflexionando sobre as nosas habilidades e fortalezas. Falamos un pouco do que son e vimos que todos temos, aínda que ás veces cústanos un pouco identificalas.
Despois, escribimos unha habilidade dentro dunha estrela e creamos o noso propio "paseo da fama", enchéndoo das nosas habilidades.
Finalmente, puxémolo en común compartíndoo co resto da clase.