martes, 20 de xuño de 2023

A nosa horta (1 parte).

 Ola familias!


Queremos presentarvos a evolución da horta do noso cole.

Os alumnos de primeiro asumimos o reto neste proxecto, de montar a nosa horta. Tivemos que aprender moitas cousas sobre as plantas, de onde veñen, como nacen, os seus partes, os tipos que hai, as súas necesidades, os usos que lles damos ás plantas...

E por último, entendemos que nos axudan moito para ter unha vida saudable.

Así pois, deixámosvos cunhas fotos para que poidades ver a evolución da nosa horta, e de paso agradecer a Andrés, que nos botase unha man para preparala e tela a punto. 

Grazas!