mércores, 20 de febreiro de 2019

AS ORELLAS DO COELLIÑO

Está claro que no cole non só aprendemos a ler, escribir, mates... Tamén hai tempo para compartir coñecementos e axudarnos a aprender.
Fai uns días algún nenos e nenas de primeiro ensináronlles aos outros compañeiros como se atan os cordóns dos zapatos.
Primeiro decoramos unhas plantillas con forma de zapato e despois puxéronse os cordóns para, a continuación, aprender a atalos coa técnica das orelliñas do coello.
Que ben se aprende e como se disfruta cando compartimos o que sabemos entre todos!