Hoxe puidemos coñecer un pouco máis sobre a historia da nosa cidade, Santiago de Compostela.
Primeiro vimos unhas imaxes e contáronnos datos interesantes sobre a cidade para despois, en grupos, elaborar nós mesmos a historia. Coñecemos a Paio, ao bispo Teodomiro, ao rei Alfonso II... Puidemos ver como a nosa cidade foi medrando co paso dos séculos ata chegar a ser como a coñecemos agora.
Foi importante, para un bo traballo, prestar atención, preguntar respetando as quendas, ler con calma, escoitar aos compañeiros, decidir de xeito consensuado...