Hoxe en Ciencias Naturais comezamos unha nova unidade didáctica sobre os animais. Pero fixémolo dunha maneira diferente, cun novo método; as PAISAXES DE APRENDIZAXE. Trátase dunha forma distinta de programar os contidos a traballar, tendo en conta as Intelixencias Múltiples e a Taxonomía de Bloom.
Deste xeito, preséntase aos nenos un percorrido cunha serie de actividades de diferente tipo, tendo en conta o antes mencionado, e son eles mesmos os que deciden que percorrido realizar no seu proceso de aprendizaxe e cal é o obxectivo final.
Hoxe comenzamos distinguindo entre animais domésticos e salvaxes. Xa estamos desexando seguir coa nosa paisaxe!