mércores, 13 de febreiro de 2019

COMO CAMBIAN OS BARRIOS!

Dentro do noso proxecto, hoxe estivemos coñecendo e comparando a cidade de Santiago na Idade Media e na actualidade. Para iso empregamos dous mapas desas épocas e aprendemos a localizar os diferentes barrios (Calderería, Praterías, o mercado...). Tamén descubrimos que os barrios formáronse xuntándose os diferentes oficios, localizamos as sete portas da antiga muralla e puidemos descubrir o moito que medrou a nosa cidade!