martes, 19 de febreiro de 2019

VISITA Á ZONA VELLA

Unha das saídas que tiñamos pendentes dentro do noso proxecto era visitar a zona vella da cidade, e hoxe foi un día idóneo para facelo.

Durante unha mañá enteira convertémonos en peregrinos exploradores e saímos a percorrer a cidade en busca de todo aquelo que aprendemos na clase.  Despois de recoller a nosa credencial e completala cos nosos datos adecuadamente dispuxémonos a camiñar. 

O noso reto era contestar a unha serie de acertixos para adiviñar a que lugar debíamos ir, e se os resolviamos conseguíamos unha pegatina para a nosa credencial. Ao rematar a mañá, se tiñamos todas as pegatinas podiamos conseguir a Mini Compostela de Peregrinos Exploradores. 

Así que estivemos camiñando toda a mañá pola cidade en busca das nosas pegatinas, traballando en equipo e esforzándonos moito para recoñecer os edificios da nosa cidade. 

Sen dúbida foi un paseo productivo porque é moi importante poder experimentar e vivenciar todo o  que se traballa na aula, xa que é a mellor forma para aprender e consolidar os coñecementos.