Con motivo da celebración data de nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837, e que o noso proxecto deste trimestre vai sobre a nosa cidade, estivemos traballando e coñecendo a relación entre esta importante poetisa galega e a cidade de Santiago de Compostela.
Datos como onde naceu, os diferentes lugares nos que residiu na cidade, onde está enterrada, as esculturas, rúas e edificios que levan o seu nome...