Nas últimas sesións de traballo sobre as emocións empregamos "As preguntas do Sabio".
Cada neno e nena tiña unha tarxeta que tiña que ler e pensar individualmente para despois compartir co resto dos compañeiros.
Como actúo cando estou feliz? Que ma dá medo? Que me dá noxo? Que podo facer cando alguén está triste?... Preguntas que nos axudan a entender como nos sentimos e como se sinten os que están ao noso arredor.
Despois estivemos coloreando novos personaxes do conto de Draco (Sabio e Iris).