Despois de traballar sobre as festas de cada lugar, esta semana centrámonos nas da nosa cidade e escollemos catro que nos parecían máis representativas.
Foi a profe a que nos deu a información sobre cada unha delas, e nós tivemos que decidir como distribuila no cartel, quen faría cada parte, que colores usar, como facer a letra para que se lese ben...
Ao principio parecía moi difícil, pero pouco a pouco conseguimos poñernos todos de acordo e traballamos moi ben. O resultado, á vista está, e agora todos os que visiten o noso cole poderán saber cousas sobre as festas da nosa cidade!
Deixámosvos unhas fotos para que vexades que bonitos nos quedaron os carteis!
Fai clic na imaxe para ver máis. |