Hoxe comenzamos a terceira tarefa do noso proxecto que ten que ver co Camiño de Santiago.
Vimos algúns vídeos que nos ensinaron cousas interesantes e despois, investigamos sobre os diferentes tipos de camiños por equipos.
O principal obxectivo é que se inicien na búsqueda guiada de información, a través de libros ou en internet, polo que con algunha axuda intentaron responder a tres preguntas concretas sobre o Camiño que lles tocou no seu equipo.
Finalmente, rematamos ensinando aos compañeiros o camiño sobre o que investigaramos e debuxándoo todo nun mapa grande.
Deixámosvos algunhas fotos desta tarde tan intensa de traballo.
Fai clic na imaxe para ver máis. |