As zonas verdes dentro dunha cidade son un recurso moi importante porque proporcionan á mesma un espazo de descanso natural que todos precisamos para vivir.
Por esta razón, hoxe visitamos unha destas zonas dentro da nosa cidade e que ademais está moi preto do noso cole.
Comezamos a nosa visita no edificio do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, no que nos explicaron a importancia da auga e de facer un consumo resposable dela, da procedencia da enerxía e os diferentes tipos que existen, para despois falarnos das especies de árbores e plantas que podemos atopar na nosa cidade.
E despois desta pequena introdución visitamos os espazos máis importantes do parque, no que a nosa guía nos explicou a importancia que teñen as árbores dentro del, as funcións do mesmo dentro da cidade, a importancia de ter hortas e como afectan ao ecosistema...
Foi unha mañá diferente na que coñecemos un trociño máis da nosa cidade.
Fai clic na imaxen para ver máis. |