xoves, 22 de marzo de 2018

Autoestima

Estes días Draco anda algo triste porque pensa que non ten ningunha cualidade positiva. Está un pouco negativo e cree que non sabe facer nada ben, pero unhas toupiñas moi divertidas fixéronlle ver que todas as persoas temos habilidades e así o falamos na clase. 

Todos dixemos cousas que se nos dan ben e que sabemos facer e ata cantamos unha canción que falaba sobre iso. 

Deste xeito traballamos a nosa autoestima e así o seguiremos facendo nas próximas sesións.