En Ciencias da Natureza despois de traballar as plantas tócanos agora abordar os animais e as características máis importantes deles segundo o seu hábitat, o que comen ou como nacen.
Para poder traballar todo isto, onte comezamos unha nova paisaxe de aprendizaxe na que nas próximas sesións iremos traballando todos estos aspectos a través de diferentes actividades.
Nesta ocasión serán eles os que decidan o percorrido do seu itinerario e como queren realizalo. Ademais traballaremos a autoavaliación e ao rematar cada actividade poderán gañar un pequeño premio.
Deixámosvos algunhas fotos da sesión de onte na que traballamos moitísimo, e ademais o enlace á paisaxe de aprendizaxe para que a poidades ver.
Fai clic na imaxe para ver máis. |