mércores, 14 de marzo de 2018

Visitamos un albergue

Hoxe tivemos a gran sorte de poder visitar un auténtico albergue de peregrinos. 
A semana pasada falamos sobre estes espacios e como temos un xusto no edificio no que se atopa o noso cole, eles accederon a ensinárnolo e explicarnos todas as estancias que hai en el. 

Comezamos coñecendo o que é a recepción e o que se fai nela, despois vimos as habitacións colectivas e individuais e rematamos visitando as instalacións comúns. 

Moitísimas gracias a Carolina por facer de guía para nós e ensinarnos o albergue. 

Deixámosvos algunhas fotos


https://photos.app.goo.gl/V0CMNdVDHoalETtw1
Fai clic na imaxen para ver máis.